Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

O IES de Teo dramatiza contos do rural

Teo. A Aula de Teatro do Instituto de Cacheiras, en Teo, estreará o seu espectáculo Reviracontos este xoves, 16 de decembro, ás 20.00 horas, no auditorio da Ramallosa. Supón a dramatización de cinco contos que foron relatados por persoas maiores do rural e reivindican valores a igualdade efectiva de xénero, a cultura da paz, o respecto ao medio ambiente, a valoración da diferenza, entre outros.

Este traballo de máis corenta persoas sobre as taboas amosa, tamén, o valor da lectura como elemento esencial na formación de persoas equilibradas emocionalmente, autónomas e libres. E pon de manifesto a relevancia da empatía con aqueles que sofren para habitar na auténtica esencia do ser humano, reivindicando tamén o valor do desenvolvemento de proxectos educativo colectivos.

Esta aula de teatro púxose en funcionamento este curso, con alumnos e docentes. E ao longo o curso escolar prepáraranse tres espectáculos propios. M. Outeiro

16 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.