Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O noiés Manuel López gaña o Rosalía de Castro ca obra ‘Neste mesmo intre’

pADRÓN. O poeta e editor noiés Manuel López Rodríguez é o gañador da oitava edición do certame poético Rosalía de Castro coa obra Neste mesmo intre. O xurado, reunido no Concello de Padrón, destaca a “gran riqueza de imaxes” coa que López logra recrear unha Compostela extinta na que se producen certos achádegos literarios. A obra de López, presentada co lema A campesiña do Ensanche, foi seleccionada por maioría entre as 19 que este ano se presentaron ao certame. O xurado, presidido polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández, contou como vogais coa concelleira Lorena Couso; o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; o profesor do IES Macías O Namorado Manuel Lorenzo Bailerón; e os poetas Elvira Ribeiro, Miriam Ferradáns e Rafa Vilar, gañador da última edición deste galardón con O sal dos días. Manuel López conta cunha dilatada traxectoria que iniciou no instituto aos 16 anos. Figura moi activa no eido da cultura e da poesía, fundou diferentes grupos literarios e tertulias, ademais de organizar encontros ou ser o gañador de premios de poesía como o Suso Vaamonde, o Avelina Valladares ou o Lueiro Rey. No presente ano 2022 fíxose tamén co certame de poesía Francisco Añón. S. E.

15 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.