Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Pasabodeghas logra un cheo total en Vedra ao vender todos os packs

Os dos adultos xa se acabaron hai tempo, e os dos nenos puideron mercarse o mesmo día

Vedra. A pesar de que a chuvia podía parecer unha ameaza, finalmente o tempo non impediu para nada a celebración por todo o alto da primeira cita do Pasabodeghas este sábado. A temperatura acompañou e a esperada cita festiva encheu San Miguel de Sarandón de veciños e visitantes. E é que se venderon todos os packs de adultos e tamén todos os dos nenos, polo que o éxito da cita foi total.

Pola tarde arrancaba a ruta ghaiteira polas adegas e mentres tanto, os máis pequenos da casa desfrutaban de diferentes actividades que dende a organización, a Asociación Cultural San Campio, elaboraron especialmente para eles: os espazos infantís Os Monifates e Circus Magnificus. Xa pola noite foi o turno dos concertos gratuítos no campo da festa. O público puido desfrutar de Os Carunchos, un grupo de música tradicional galega creado no ano 1994 na cidade de Vigo. Tamén de Comando Curuxás, que nace no ano 2017 da man de tres amigos músicos. E finalmente actuou Monoulious DOP, que xorde no ano 2012 como un proxecto musical único e exclusivo creado para internet.

A festa continuará no municipio vedrés este domingo co Festival Folclórico da Ulla, un xantar campestre e, por suposto, máis música. c.e.

30 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.