Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Pino retoma os circuítos termais con Vai de Auga

O Pino. Vai de auga é a iniciativa pola que o Concello de O Pino convida á veciñanza a gozar dos beneficios das augas termais do balneario de Cuntis en cinco sesións que se desenvolverán outros tantos mércores de maio e xuño.

O Concello sufraga o bus para o desprazamento ata a vila pontevedresa para que os participantes poidan desfrutar do circuíto lúdico-termal do Acquaform, o complexo acuático de augas terapéuticas máis grande de Galicia.

Indicar que a actividade levarase a cabo todos os mércores pola tarde entre o 18 de maio e o 15 de xuño, con saída en autocar dende a praza do Concello do Pino ás 16.30 horas. O prezo para os cinco días é de 70 euros. As prazas son limitadas. arca

12 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.