Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O pleno rexeitou a moción do BNG de Brión polo ensino

a maía. O BNG de Brión presentou en pleno unha moción en defensa do ensino público fronte aos recortes, pero que non apoiou o goberno socialista local. O texto presentado polo grupo municipal nacionalista lembraba o peche (o curso pasado) da unitaria da Luaña e denunciaba a clausura (este curso) dunha aula na EEI de Sabaxáns, na parroquia de Bastavales. Tamén se esixía a constitución do Consello Escolar Municipal, algo ao que xa se comprometera o Concello hai máis de 2 anos.

“A estes peches temos que sumar a nula política de solucións para problemas anteriores como aconteceron no IES Brión (hai un par de anos) e a constante reivindicación para que se solucionen os problemas do comedor no CEIP de Pedrouzos, servizo fundamental para a conciliación familiar”, destacaba o concelleiro Xosé Penas, suliñando que “de xeito sorpresivo, a moción foi rexeitada polo grupo de goberno, o PSdeG-PSOE, mentres que se abstivo o PP, xusto o máis aludido polos recortes”. Ao seu xuízo, a única explicación ao rexeitamento é a crítica á “política de postureo” do PSOE. o.d.v.

10 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.