Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 23 mayo 2024
20:39
h

O presidente da Xunta reúnese no seu despacho, e por primeira vez en dez anos, cun alcalde de Ames

Ames. O alcalde de Ames, Blas García, será recibido hoxe luns, nas dependencias de San Caetano, polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Trátase dunha xuntanza de traballo que foi solicitada polo rexedor amesán trala súa toma de posesión como alcalde no pasado mes de abril. Hai máis dunha década que o alcalde de Ames non visita ao presidente da Xunta en San Caetano. En dito encontro abordarase diferentes temas de vital importancia para a veciñanza amiense, como a posible ampliación da depuradora de Sisalde; a ampliación do centro de saúde de Bertamiráns; a construción dun Centro de Día de atención a maiores, e a creación de novas vías de comunicación no Milladoiro para tratar de reducir o tráfico na N-550. O alcalde de Ames, Blas García, destaca “a importancia de dita reunión para poder trasladarlle ao presidente da Xunta as necesidades que ten Ames. Teño que agradecerlle a Alberto Núñez Feijóo a súa boa disposición para recibirme en San Caetano”. Unha reclamación histórica é a necesidade de ampliar a depuradora de Sisalde, que presta servizo aos concellos de Ames e Brión. Dita depuradora, que está situada ao carón do río Sar, na parroquia de Ortoño, comezou a funcionar o 15 de marzo de 2001 e foi deseñada para atender a unha poboación de 10.400 habitantes. No ano 2007, a empresa concesionaria do Ciclo integral da auga de Ames, fixo un informe sobre o estado da EDAR de Sisalde no que dicía que se estaba prestando servizo a uns 18.000 habitantes. Isto supoña sobrepasar nun 80 % á poboación inicial que estaba previsto atender. Posteriormente, no ano 2017, a empresa concesionaria volveu a facer un informe no que se indica que na actualidade a poboación á que está atendendo esta EDAR é de 23.500 habitantes. No devandito informe recóllese a necesidade urxente de construír unha nova estación depuradora. arca

13 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.