Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O programa de compostaxe doméstica de Vedra suma medio cento de familias

Vedra. Medio cento de familias de Vedra súmanse ao programa de compostaxe doméstica promovido polo Concello e no que colabora Sogama. A empresa pública entregou ao ente local unha nova partida de 50 composteiros que, sumados a anteriores subministracións, fan un total de 280.

Requisito esencial para participar nesta iniciativa é que os veciños interesados habiten en vivendas unifamiliares que dispoñan de terreo (horta, xardín e/ou terras de cultivo) no que aplicar o compost resultante. Desta forma péchase o círculo de aproveitamento da materia orgánica, que volve á terra para dar unha nova vida, seguindo o circuíto da natureza.

Dado que os restos orgánicos representan preto dun 40% na composición media dunha bolsa de lixo tipo, se esta fracción se recicla en orixe, evítase o seu depósito no contedor convencional, diminuíndo deste xeito a cantidade de lixo a recoller. c.e.

10 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.