Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O tripartito quere crear un consello sectorial de nenos

ames. O goberno tripartito amesán proporá a creación dun Consello Sectorial de Nenos e Nenas no que participe o alumnado de 1º a 6º de Primaria, iniciativa que será debatida pola Corporación municipal no pleno deste xoves (20.30 horas).

Deste xeito, afirman que así poderán coñecer a opinión dos escolares de entre 6 e 12 anos, pero incluíndo tamén a políticos locais. Ademais, na mesma sesión ordinaria tratarase a posible prórroga do contrato de concesión do Centro Deportivo Municipal A Telleira en dezaoito meses, logo de que a empresa pedise o restablecemento do equilibrio económico do contrato de concesión durante o período no que o seu desenvolvemento se viu alterado pola pandemia da covid. Do mesmo xeito, vaise incluír un camiño en Barouta e outras obras no Plan POS Adicional 2/2021 e resolverase un expediente de investigación patrimonial dun vial do lugar de Oca, completando a orde do día. M. MANTEIGA

30 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.