Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O triplo de candidatos nos premios Lingua e Empresa

Ames. O Concello de Ames, a través do departamento de Normalización Lingüística, organiza un ano máis os Premios Lingua e Empresa, que promoven o uso da lingua galega no ámbito empresarial local. Nesta ocasión triplicouse a participación con respecto a edicións anteriores, e foron 26 as empresas de distintos lugares do municipio que se presentaron a esta convocatoria, e que divulgará os gañadores nunha gala, o 17 de decembro ás 19.00 horas na casa da cultura do Milladoiro. Dúas delas recoñeceranse con premios de 1.500 € e unha campaña publicitaria en Ames Radio. O xurado está formado por Adrián Cunha Veira, de PixelinPhoto, como representante das empresas que xa gañaron; Miguel López Crespo, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL); e Rocío Loureiro Abalo, graduada en Lingua e Literatura Galega e especialista en Normalización Lingüística. A técnica Rosa Moreiras actuará como secretaria. M.M.

26 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.