Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Xardín Botánico de Padrón acolleu a estrea da peza ‘Caldo de gloria’

PADRÓN. Cos numerosos asistentes postos en pé para aplaudir a peza musical Caldo de gloria pecháronse os actos institucionais cos que o Concello de Padrón conmemorou este ano o Día de Rosalía. O Xardín Botánico, lugar de referencia para a escritora, acolleu a estrea íntegra da partitura feita por Loliña Mosquera inspirándose no poema Miña casiña, meu lar e que foi adaptada para coro e orquestra por Braulio Cao, director da banda padronesa. A propia Banda Municipal de Música de Padrón e o coro Gaos da Coruña encargáronse da brillante posta en escena. Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; os alcaldes de Rois e Dodro, Ramón Tojo e Xabier Castro, e o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, arrouparon no acto á concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso, que lembrou o compromiso do Concello coa promoción da figura e da obra de Rosalía. Así o salientaron os responsables de Política Lingüística e da Fundación. “A estrea de Caldo de gloria é un acto moi feliz que pecha un completo mes de actividades”, sinalou Anxo Angueira, quen incidiu no feito de que Rosalía, en contra do que se ten mantido, nunca foi abandonada pola súa nai, senón que a criou en Padrón, de onde era natural. arca

01 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.