Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Obradoiro de memoria para os boqueixoneses

BOQUEIXÓN. O Concello de Boqueixón lembra que o prazo de inscrición para o Obradoiro de Memoria está aberto ata o vindeiro día 23 deste mes. A actividade terá unha duración de 8 meses, desde outubro de 2022 a xuño de 2023, e impartirase nas localidades de O Forte e Lestedo cun custo de 15 euros mensuais. As clases en O Forte serán na biblioteca sita na casa do concello tódolos mércores en horario de 10.30 a 12.00. En Lestedo, o obradoiro desenvolverase os venres de 11.30 a 13.00 no local social. Desde o departamento de Cultura informan de que se trata “dun proxecto grupal no que os participantes estimularán e reforzarán as súas funcións cognitivas: memoria, atención, percepción, linguaxe e imaxinación”. O obxectivo principal é retrasar o deterioro cognitivo así como mellorar a autoestima e liberar o estrés. As inscricións poderán realizarse no rexistro municipal ou cubrindo o formulario correspondente na sede electrónica. C.E.

13 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.