Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Obradoiros máis bonos amesáns para animar á lectura

Ames. Chega o Mes do Libro a Ames con obradoiros, presentacións de libros, música e actividades. Ademais, polas compras en Huargo Artis, Lenda e Máinome, en Bertamiráns, e Nenos e Nais e O Tinteiro, no Milladoiro realizadas dende o 1 ata o 24 de abril entrarase nun sorteo de bonos de libros.

Así, entre o 5 e 21 de abril, os rapaces e rapazas poderán participar nun concurso de debuxo sobre o libro e a lectura (o email é biblioteca@concellodeames.gal).

Do mesmo xeito, as bibliotecas municipais organizan catro obradoiros dirixidos a rapaces de 3º a 6º de Educación Primaria. Así, o venres 9 de abril chegará o taller infantil Creacontos, ata a biblioteca do Milladoiro, ás 17.30 horas. Trátase dun obradoiro creativo no que se empregarán todas as vertentes posibles á hora de contar un conto. É dicir, os pequenos e pequenas xogarán, falarán, escribirán e farán manualidades. Preténdese aproveitar ao máximo os contos lidos e entendidos de maneira tradicional.

Xa o sábado 10 de abril celebrarase o obradoiro Os contos a debate. Esta actividade terá lugar no auditorio da casa da cultura ás 11.00 horas, e nela farase unha análise dende a perspectiva de xénero dos contos e materiais educativos e ofreceranse propostas de contos baseados na igualdade e na prevención da violencia de xénero. O último obradoiro será Autores con pegada, o sábado 17 de abril realizarase na biblioteca do Milladoiro e, o sábado 24, na de Bertamiráns. Ambas sesións celebraranse ás 11.30 h.

Anotacións no citado e-mail ou ben nos teléfonos da biblioteca da maior urbe (o 981 530 807) e na da capital (981 884 829). m.m.

30 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.