Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ofrenda, visitas e Caldo de Gloria na homenaxe de Padrón a Rosalía

Abríronse onte os actos conmemorativos do seu nacemento cun obradoiro de marcapáxinas

O Concello de Padrón honra un ano máis a Rosalía de Castro coincidindo coa data do seu nacemento, o 23 de febreiro. Dende este venres e ata o día 24 desenvolveranse diversas actividades entre as que se encontran obradoiros para público familiar e escolares, unha visita teatralizada, a tradicional ofrenda á escritora no Espolón, a entrega do Premio de Poesía Rosalía de Castro, recitais poéticos ou a degustación do caldo de gloria nos establecementos de Padrón.

“Convidamos tanto aos padroneses como aos visitantes a recordar con nós a figura de Rosalía. Padrón é a vila rosaliana por excelencia. Aquí viviu e aquí morreu a escritora galega máis universal e non hai mellor xeito de achegarnos á súa vida e á súa obra que visitando a Casa da Matanza. Ademais, teremos a oportunidade de coñecela mellor da man dos Quinquilláns e tamén degustar o caldo de gloria”, sinala a concelleira de Cultura e Turismo, Lorena Couso.

As actividades inícianse con obradoiros. O primeiro, de confección de marcapáxinas, desenvolveuse este mesmo venres na biblioteca

O xoves 23 realizarase a ofrenda. Ás dez da mañá, as gaitas soarán polas rúas da vila para convocar a toda a veciñanza ante a estatua de Rosalía no Espolón.

11 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.