Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Optan ós Premios Lingua e Empresa vinte e seis firmas

A Maía. O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Lingüística, organiza unha nova edición dos Premios Lingua e Empresa, que promoven o uso da lingua galega no ámbito empresarial local. Nesta ocasión triplicouse a participación con respecto a anteriores citas, e foron 26 as firmas de distintos lugares do municipio que se presentaron a esta convocatoria. A casa da cultura do Milladoiro acollerá este sábado, 17 de decembro, ás 19.00 horas, esta Gala Lingua e Empresa onde se darán a coñecer as dúas compañías gañadoras nesta quinta edición do certame. Os dous premios están dotados de 1.500 euros e unha campaña publicitaria en Ames Radio. A regueifeira Lupe Blanco e mailo regueifeiro Josinho da Teixeira serán os encargados de conducir e amenizar con diversas regueifas a presente edición 2022. E será un evento aberto a toda a veciñanza, pero hai que reservar convites (en normalizacion@concellodeames.gal). M. Manteiga

16 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.