Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 17 septiembre 2021
02:02
h

Oroso disporá de 120.000 euros da Deputación para pemes e autónomos locais

A contía, procedente do programa PEL-Reactiva, irá destinada a negocios do municipio que se viron afectados pola pandemia do COVID

O Concello de Oroso informa aos seus veciños e veciñas da concesión definitiva de 120.000 euros en axudas do programa PEL-Reactiva da Deputación da Coruña, destinadas a pemes e autónomos con actividade no municipio e afectados pola pandemia do coronavirus.

Estas axudas da liña PEL-Reactiva van dirixidas aos autónomos e microempresas que se viran afectadas polo peche do negocio durante o estado de alarma, así coma aquelas que viran reducida a súa facturación en máis dun 75% ou se acolleran a un ERTE. As subvencións oscilan entre os 1.500 euros para traballadores por conta propia sen traballadores ao seu cargo, e os 3.000 euros.

“As persoas que quedaron fora por diferentes motivos poderán optar a unha nova convocatoria”, explica o alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira. “Desde as administracións temos que activar todo tipo de medidas para axudar a sectores como a hostalería e o comercio”, afirma pola súa parte Antonio Leira, concelleiro de Promoción Económica de Oroso.

Ademais destas axudas, o concello aprobou diferentes medidas e rebaixas fiscais para o ano 2021, co mesmo obxectivo de axudar ás familias, pemes e autónomos do municipio. En concreto, o pleno municipal aprobou unha rebaixa no IBI e no recibo do lixo, así como unha bonificación dun 60% no imposto de vehículos de tracción mecánica para os automóbiles eléctricos e híbridos. Todas estas bonificacións terán un impacto de 200.000 euros, cos que contarán os veciños e veciñas para os seus gastos. “Son medidas necesarias para axudar ás familias e reactivar a economía local”, engade Mirás.

26 abr 2021 / 09:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.