Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os campamentos reúnen a 460 amesáns no verán

AMES. O servizo de campamentos de verán 2022 estivo dirixido á rapazada que cursa educación Infantil, Primaria, Secundaria ou Bacharelato. Este ano a oferta de campamentos e o número de prazas aumentou, ademais de incorporar novos destinos como o cámping Paisaxe II, no Grove; á praia de Patos, en Nigrán; e á Granxa Escola de Bergando, en Negreira. En total pasaron por eles 460 rapaces. Ademais, por primeira vez organizouse un específico dirixido ao alumnado de cada curso de educación Primaria. En total, o programa de campamentos municipais incluíu 10 diferentes con estadía nocturna, máis dúas quendas do campamento urbano da Aula da Natureza. Tanto esta iniciativa urbana como as propostas dirixidas aos nenos e nenas de educación Infantil e Primaria foron organizados pola Aula da Natureza e as dúas actividades para a rapazada de Secundaria e Bacharelato foron xestionados pola OMIX. c.e.

18 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.