Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os centros Mans de Paideia van ofrecer condicións ventaxosas ós colexiados de Enxeñaría Informática

Padrón. O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e o Centro de Iniciativas Empresariais Mans (CIE Mans) da Fundación Paideia Galiza asinaron un acordo para regular a colaboración entre ámbalas dúas partes en relación coas condicións vantaxosas que o CIE Mans aplicará ás colexiadas e colexiados do CPEIG.

Asinaron o convenio o presidente do colexio profesional, Fernando Suárez, e o vicepresidente da Fundación Paideia Galiza, Guillermo Vergara.

En base a este acordo, as colexiadas e colexiados do CPEIG poderán gozar de descontos para estancias e alugueres, tanto nos servizos de coworking Mans que dispón nos seus centros de A Coruña e Padrón como en oficinas. Tamén poderán beneficiarse de descontos nas tarifas do alugueiro do Plató de Estudios Mans, un estudo de gravación para impulsar o sector audiovisual e musical en Galicia.

O acordo entre ambas entidaes terá unha vixencia dun ano, aínda que se poderá prorrogar automaticamente. O CIE Mans é un espazo de coworking que busca a promoción e apoio de proxectos empresariais.

Segundo os seus promotores, este acordo pretende ser xérmolo e marco para a promoción e desenvolvemento económico, produtivo, social e cultural de sectores empresariais emerxentes e innovadores. E, ao fío, pon á disposición de empresarios e emprendedores un espazo cómodo e flexible nun entorno exclusivo e próximo a outras empresas que desenvolvan actividades de carácter complementario.

Indicar, finalmente, que os seus obxectivos son fomentar o intercambio de información e experiencias entre os emprendedores e facilitar o desenvolvemento do tecido empresarial en Galicia, apoiando á innovación nos distintos proxectos empresariais e contribuíndo á creación de emprego en sectores innovadores, diferenciados e estratéxicos. c. g.

24 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.