Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os empresarios estrean nova sede no Pedregal

A Maía. A asociación Xuntanza de Empresarios de Ames, con 109 socios, vén de inaugurar o seu novo local na rúa do Pedregal, en Bertamiráns. As instalacións teñen arredor de sesenta metros cadrados, e ademais de ser para servizo dos seus membros, que poderán solicitar a súa cesión temporal, utilizaranse de cara a organizar cursos formativos.

O presidente de XEA, Jorge López, explica que “está previsto establecer uns días específicos nos que se ofreza atención aos socios e socias e tamén organizar cursos formativos nas novas instalacións. Era necesario dispoñer dunha sede para centralizar a actividade da asociación e tamén para gardar o material do que dispoñemos. É un paso adiante máis dende que comezou a desenvolverse o proxecto desta asociación”, dixo.

A edil de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca que XEA “é unha asociación que está medrando e que conta con socios e socias tanto en Bertamiráns como no Milladoiro; iso favorece a dinamización comercial e tamén o tránsito de clientes entres os dous principais núcleos urbanos do municipio. A apertura desta sede de XEA é unha boa nova porque significa que cada vez teñen máis socios”, constatou.

Ao acto asistiron, ademais do propio presidente de XEA, o alcalde, Blas García; a concelleira de Promoción Económica; e o edil de Educación e Axenda Urbana, David Santomil, así como concelleiros da oposición (os populares Oliva Agra e Pablo Beiroa, e Quique Costas, de Ames Novo). M.M.

23 feb 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.