Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os gañadores do AmesON compartirán escenario ca Panorama o domingo

Ames. O programa AmesOn de verán remata este domingo coa actuación da orquestra Panorama e dos gañadores do concurso Canta con Ames: Adriana Vigo, María Iglesias, Montse Angueira e José Rey. Dita actividade realizarase no aparcamento da rúa Agro do Medio, ao carón do Supercor, no Milladoiro. Estará prohibido estacionar na explanada desta zona e no tramo da rúa Agro do Medio, nos cruces coa rúa Pardiñeiros e coa rúa Cruxa, dende as 16.00 h do sábado 17 de setembro ata as 08.00 horas do luns 19 de setembro.

O AmesON de verán 2022 incluíu 13 actuacións musicais en prazas e parques de Bertamiráns e do Milladoiro. O inicio da gala está prevista para as 19.00 horas, aínda que a entrada ao recinto estará aberta a partir das 18.00 horas. Haberá un acceso único ao recinto, que será pola rúa Agro do Medio (zona de Carglass). Incluirán aseos dentro do recinto, control de bebidas alcohólicas e non se poderá acceder con bolsas nin mochilas grandes.

Por outra banda, as comisións de festas de Bertamiráns e do Milladoiro disporán dunha cantina compartida para recadar fondos para organizar o programa do Ames en Festa de 2023. As persoas que queiran tomar algunha consumición terán que retirar uns tíckets previamente, nunha carpa habilitada para iso, para despois cambialos pola bebida que queiran tomar. A edil de Promoción Económica lembra que este programa busca dinamizar e o comercio e hostalaría. M.O.

14 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.