Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os Magos percorrerán as parroquias de O Pino

O Pino. Este martes, 5 de xaneiro, os Reis Magos volverán percorrer un ano máis as parroquias do Pino para saudar a todos os nenos e nenas. Por este motivo, en Arca visitarán cinco puntos diferentes para repartir ilusión entre a cativada. Este ano non haberá a recepción no polideportivo municipal, e respectaranse as normas de seguridade impostas pola COVID.

Melchor, Gaspar e Baltasar farán o percorrido tradicional polas parroquias do Pino, empezando en Pereira ás 10.45 horas. Despois visitarán Castrofeito, Budiño, O Pino, Gonzar, Medín, Pastor e Lardeiros, pola mañá. Pola tarde pasarán por San Breixo, San Mamede, Cerceda e Cebreiro, antes de chegar a Arca. Na capital municipal pasarán polo campo da festa, pola igrexa, a explanada da rúa Fontela, a praza de Forcarei e rematarán o percorrido na praza do Concello. arca

03 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.