Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os Reis Magos van visitar Milladoiro e Bertamiráns os días 4 e 5 de xaneiro

Ames. As Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar anunciaron ao Concello de Ames que visitarán as vilas do Milladoiro e Bertamiráns o martes 4 e o mércores 5 de xaneiro. Co fin de que poidan recibir a todas as nenas, nenos e maiores que se queiran achegar a velos respectando as medidas sanitarias, o Concello habilitará os pavillóns polideportivos de ambos núcleos. Para acceder, cada unidade familiar debe solicitar cita previa a través da sede electrónica municipal.

A rapazada que non poida asistir ás recepcións reais por mor dun confinamento poderá solicitar que os Reis Magos lles envíen un pequeno agasallo ao seu domicilio, deixando os seus datos no enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal.

Cada cita que se solicite a través do trámite indicado na sede electrónica servirá para unha unidade familiar completa, que poderá asistir en conxunto á recepción dos Reis, respectando desta maneira as burbullas familiares e facilitando o respecto da distancia de seguridade entre grupos de convivencia.

Como na edición anterior, tamén marcada pola situación epidemiolóxica do coronavirus, as rapazas e rapaces poderán fotografarse coas Súas Maxestades, falarlles ou mesmo entregarlles cartas e debuxos, pero sempre respectando a distancia interpersoal de metro e medio.

A través do proceso de solicitude de cita, cada familia debe seleccionar unha das dúas opcións ofertadas, Reis Magos Bertamiráns ou Reis Magos O Milladoiro. A continuación, deben marcar no calendario da dereita o día desexado, ben o martes 4 ou o mércores 5, para despois premer Ver dispoñibilidade. Aparecerán catro opcións, que deberán despregarse para consultar ocos libres nos diferentes horarios ofertados.

Os horarios das recepcións reais nos pavillóns do Milladoiro e Bertamiráns serán, polas mañás, de 11.30 a 14.00 horas, e polas tardes, de 16.30 a 20.00 horas, o martes día 4 e o mércores 5 de xaneiro.

As empresas amesás de ocio infantil Biosbardos e Retumban Risas serán as encargadas de xestionar os eventos, deseñar os escenarios e vestiarios e contratar ao persoal necesario para que a recepción aos Reis se desenvolva de maneira segura. M. A.

29 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.