Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os Reis Magos van visitar ós nenos de Rois e da Baña

Rois/A Baña. Nenos de Rois volverán recibir este ano a visita dos Reis Magos. Aínda que en principio estaba previsto facer unha festa no pavillón dos Dices, o aumento dos contaxios por coronavirus nos últimos días levou a que o Concello acordase coas Súas Maxestades un percorrido polo municipio coa fin de evitar as aglomeracións.

Deste xeito, os Reis Magos achegaranse a cada unha das parroquias de Rois ao longo do día e pararán nos campos da festa para poder conversar cos máis novos. A primeira parada farana en Rois ás 10.45 horas e rematarán a visita ás 19.30 horas na localidade de Oín. Durante o percorrido, haberá varias sorpresas e actuará a agrupación folclórica Oct Chorima.

Os Magos de Oriente tamén estarán na Baña, aínda que sen festa por causa do coronavirus. Achegaranse ao pavillón polideportivo de San Vicenzo o vindeiro día 5 de xaneiro, onde saudarán a toda a cativada e entregarán agasallos aos cativos asistentes.

Antes da chegada, prevista para as 17.30 horas, a compañía de circo As Sircópatas ofrecerá o espectáculo de escapismo e humor Rogelio, un paiaso en recuperación. Para asistir hai que reservar praza chamando ou enviando un whatsapp ó 607 153 604. m.a.

29 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.