Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os veciños de Casalonga ven inacción nos seus políticos

Teo. A plataforma veciñal teense Casalonga Limpa de Residuos considera de extrema gravidade “a inacción que vén percibindo nos últimos meses por parte dos políticos municipais, que desprenden un aura de derrotismo incompatible co espírito de loita que mantén a veciñanza”.

Ao seu xuízo, ese derrotismo se exemplifica na ausencia de representación municipal nas alegacións á inscrición no catastro da pista ou nas reiteradas promesas dunha negociación que non chega. “As numerosas pedras no camiño non fan máis que espertar a reticencia da veciñanza na acción municipal, que semella estar deixando pasar o tempo ata as vindeiras eleccións”, aportan.

E, ao tempo, lembran que dende a ruptura do grupo de goberno, propúxose a creación dunha comisión informativa para o tema da canteira con representación dos diferentes grupos municipais, comisión que mantivo numerosas reunións nos tres meses que pasaron dende a inscrición da pista no rexistro sen que se comunicara esta situación. Por estes e outros motivos, a coordinadora da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos mantivo unha reunión de urxencia coa veciñanza colaboradora proxectando novas accións. O.D. Vilar

19 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.