Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Padrón fai melloras nas instalacións deportivas para que sexan accesibles

Estos días estase a arranxar a pista de tenis de Iria coa idea de correxir os desniveis

Padrón. O Concello padronés está a facer varias obras de mellora nas instalacións deportivas co obxectivo de potenciar o seu uso entre a veciñanza e facelas máis accesibles e seguras. Ao longo dos últimos días puxéronse en marcha traballos nas pistas de tenis de Iria. Según informa o goberno local, nelas correxíronse os desniveis e irregularidades, pintouse, mellorouse o perímetro e iniciouse un proxecto de iluminación.

O concelleiro de Deportes, Ángel Rodríguez, sinalou que “as actuacións nas instalacións deportivas realízanse de xeito periódico, posto que dende o executivo local priorizamos a seguridade dos nosos veciños, especialmente, na situación na que nos atopamos na actualidade por mor da covid-19”.

Neste sentido, o Concello decidiu pór a disposición da cidadanía redes de tenis e de pádel gratuítas, que deben ser solicitadas previamente a través da oficina de deportes do centro social, no teléfono 664 076 974. O horario de atención é de 09.00 a 14.00 horas de luns a venres, e para efectuar a entrega é preciso presentar o DNI e dar os datos de contacto. O uso das instalacións deportivas tamén se incrementará grazas ás competecións federadas como o campionato por equipos autonómico de maiores de 35, no que participa o club W de tenis de Padrón. A.P.

21 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.