Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Padrón ten todo listo para dúas fins de semana cheas de tapas

Dez locais buscarán sorprender ós seus clientes os días 5, 6, 12 e 13 de novembro //Cada petisco terá un prezo de 2,50 euros

O Concello de Padrón ultima os detalles dunha nova edición de Saborea Padrón, o tradicional concurso de tapas que este ano terá lugar durante catro días: os venres 5 e 12 e os sábados 6 e 13 de novembro. Unha edición na que participarán un total de dez establecementos, que presentarán tapas elaboradas cos produtos máis apreciados do municipio e cos que buscarán sorprender á súa clientela.

A concelleira de Turismo, Lorena Couso, agradeceu a participación dos hostaleiros padroneses e amosouse convencida de que “a ruta de tapas será un foco de atracción de visitantes grazas ao gran nivel da gastronomía padronesa. Estou segura de que os locais participantes volverán amosar o seu bo facer nos fogóns e que iso fará que moita xente da contorna se acheguen a desfrutar das súas creacións”.

Os establecementos participantes nesta edición do Saborea Padrón son A Filoxera, Bámbola, Café Cultural Airiños, Café Século XX, Panadería San José, Pulpería Rial, Restaurante Chef Rivera, Restaurante O Santiaguiño, Retro Visor e Ruta Xacobea.

O custe das tapas será de 2,50 euros cada unha e os horarios de degustación serán: os venres, de oito da tarde a once; e os sábados a mediodía de unha a tres e pola tarde de oito a once.

Todas as persoas que desexen participar no concurso de tapas deberán recoller o seu Pasaporte na Oficina de Turismo Municipal de Padrón ou en calquera dos establecementos participantes.

O regulamento sinala que este documento o deberán selar, cando menos, en tres locais participantes despois de consumir cadansúa tapa. Así, os que participan nesta ruta das tapas poderán votar a continuación pola súa tapa favorita: puntuando de 1 a 3 puntos (sendo 1 a puntuación máis baixa e 3 a máis alta).

Entre todas as persoas que cubran o seu Pasaporte, o Concello de Padrón sorteará vales por valor de 100 e 50 euros que darán dereito a consumir por valor deses cartos en calqueira dos dez establecementos participantes neste Saborea Padrón 2021.

25 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.