Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Pais de Cacheiras acadan melloras no transporte do instituto

Manteñen as mobilizacións na busca dun mellor servizo // Este mércores sairon rapaces da clase ás 14.10, e tiveron que agardar ata ás 14.55 horas polo bus

Os representantes da ANPA do Instituto de Cacheiras valoran positivamente a reunión mantida co representante de Monbus na área de Santiago para abordar os retrasos dos autobuses, aínda que pensan que quedan asuntos por mellorar.

Así, dende a compañía aseguráronlles que xa quedou eliminado o único desdobre que quedaba á saída do instituto, e tamén comprometeuse a buscar unha rápida solución para eliminar tamén o desdobre de pola mañá desa mesma ruta. Ademais, van estudar a ruta das liñas 2/10 para garantir que todos os rapaces teñan asento. “A directiva da Anpa agradece a boa predisposición da empresa, aínda que seguimos adiante coa mobilización para esixir o cumprimento completo da concesión”, apuntan ao fío da protesta desnvolvida na tarde deste mércores.

Manifestaronlle o seu respaldo os membros da Corporación e, precisamente, dende o BNG afirman que “os buses son insuficientes para prestar o servizo e o estudantado ten que agardar vaian chegando novos buses”, e lembran que este mércores “sairon da clase ás 14.10, o último bus chegou ás 14.55 horas”.

16 feb 2022 / 15:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.