Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Paralízanse as sondaxes en Castriz despois das denuncias da veciñanza e de Contraminacción

SANTA COMBA. Dende a Plataforma Contraminacción veñen de emitir un comunicado no que explican que se paralizan “as sondaxes ilegais” en Castriz, Santa Comba. Así llo facía saber ao colectivo no día de onte o xefe do Servizo de Enerxía e Minas da Delegación Territorial da Coruña.

Segundo explica a a asociación dito comunicado reza o seguinte: “infórmaselle de que con data 18/06/2021 o xefe territorial iniciou o correspondente expediente sancionador e ratificou a suspensión dos traballos acordada in situ, como consecuencia da visita de inspección realizada o 16/06/2021 polos servizos técnicos desta Xefatura Territorial”.

Lembran que foi o pasado 15 de xuño cando deron a voz de alarma “sobre a actividade ilegal da empresa mercantil Corcel Minerals SL, que a través da súa matriz Eurtobattery Minerals AB, anunciaba na súa páxina web que ía iniciar unha nova campaña de sondaxes”, indican. Foi entón cando se presentaron sendas denuncias diante da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, da consellería de Industria, dos Concellos afectados, da policía autonómica e de Semprona solicitando “a paralización inmediata das referidas sondaxes, por tratarse de actividades que carecen das preceptivas autorizacións mineira, ambiental e urbanística, e o inicio dos correspondentes procedementos sancionadores contra os infractores”, recordan.

Sinalaban ademais que as sondaxes estábanse facendo nunha zona de “especial valor e alta singularidade ecolóxica”: a zona húmida Braña da Serra. “Tamén sinalá bamos que ao tratarse de sondaxes inclinadas, poderían afectar acuíferos e reservas freáticas de auga e da existencia de fontes que fornecen fornecen de auga a nove familias do lugar a pouco máis de un quilómetro de distancia”. Cren “indignante” que as administración non vixíen máis. C.G.

07 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.