Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Peregrinación pola Ruta da Ría dende este sábado

Ames. Baixo o lema Alcancemos novas metas!, está prevista unha peregrinación pola ruta do Camiño de Santiago Ría de Muros-Noia organizada pola parroquia de Ortoño en colaboración ca concellería de Turismo. E farase en 6 etapas a partir deste sábado 22 de xaneiro.

Os interesados poden obter máis información na web da parroquia www.parroquiadeortoño.blogspot.com, e ata onte había 120 persoas anotadas. Hai que lembrar que a primeira etapa deste Camiño, prevista para o día 6 de decembro, tivera que adiarse por mor da chuvia, polo que se vai retomar este sábado 22 de xaneiro. Os peregrinos viaxarán en autobús ata a vila de Muros, de onde partirá esta primeira etapa que rematará na igrexa de Tal, despois de percorrer 12 quilómetros. Protección Civil de Muros colaborará no desenvolvemento da xornada.

Pola súa banda, Dorelle cre que poderán chegar ata os 150 peregrinos, xa que “temos a sorte de que este Camiño da Ría Muros-Noia pasa polo noso concello e o que nós pretendemos con esta proposta é pasar de ser meros espectadores dos peregrinos que o percorren, a ser nós tamén peregrinos”, manifesta o párroco, ao tempo que conta que inscribíronse veciños de todas as idades. As seguintes etapas previstas para este ano chegarán o 27 de febreiro, o 2 e o 9 de abril, o 21 de maio e o 11 de xuño. M. Manteiga

19 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.