Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
SE EU FOSE ALCALDE ...

... “Permitiría reservar os pavillóns do concello ”

Raúl Liñares, estudante e dono do xornal dixital A Bancada

    Cargando reproductor ...

Residente no Milladoiro, solteiro, que tres cousas faría en favor dos veciños?

Ben, pois a primeira que faría sería intentar voltar aos autobuses que tiñamos antes, xa que penso que os actuais fallan bastante e non cumplen os horarios que deberían cumprir, ou alomenos os que teñen na web. Outra cousa que faría para mellorar a vida dos habitantes de Ames sería algo que xa lle propuxen ao Concello polas súas redes oficiais, intentar para a mocidade poder reservar as instalacións deportivas que temos, porque penso que cando chove non podemos facer deporte e poder darlle uso aos recintos que temos sería xenial. Por último, intentaría poñer unha zona verde en condicións, pese a que están a facer unha na parte de arriba penso que non é suficiente tal e como está a crecer actualmente a cidade.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

O que máis me gusta de vivir aquí creo que é a cercanía maila forma na que interactuamos os habitantes, xa que é un pobo pequeno no que todos nos coñecemos e sintes que estás na casa, e a min, que estudo fóra, iso encántame.

E o que peor leva?

O que menos me gusta de aquí de Milladoiro é a diferenza de trato que hai con Bertamiráns.

27 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.