Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Piden aportacións para un orzamento amesán que rolda os 29 millóns

Queren reforzar servizos sociais, actuar no rural e continuar co Plan de Reactivación Económica

A concellería de Economía e Facenda amesá enviou xa aos partidos da oposición o borrador do anteproxecto orzamentario para este ano, abrindo agora un prazo de 19 días (ata o luns 18 de xaneiro) para que os diferentes grupos fagan as súas achegas. Trátase, ademais, do meirande importe acadado polas contas da capital maiá, que van estar preto dos 29 millóns de euros para este 2021.

Segundo o goberno tripartito, a súa prioridade pasa por aprobar o orzamento canto antes para poder afrontar este novo ano 2021, “que virá tamén marcado pola crise sanitaria e económica provocada pola COVID”. E para iso contarase cunha boa cantidade “que pretende dar resposta ás necesidades e demandas da cidadanía amesá”, destacando entre os puntos máis importantes “a mellora e ampliación de servizos e unha aposta forte en investimentos, reforzando a contratación de persoal municipal para seguir coa implementación do Plan de Reactivación Económica aprobado no pasado ano e que seguirá vixente” de cara a medrar máis.

Nese contacto, desde o departamento económico trasladouse a aposta de PSOE, BNG e Podemos por reforzar e ampliar a partida de servizos sociais, a de servizos básicos e infraestruturas no rural e nos núcleos urbanos, implantando tamén un plan de mantemento dos núcleos do rural, de reforzo e mellora da conciliación e dotacións ligadas á área de educación, e actuando integralmente no alumeado público do rural.

Tamén se avoga por darlle pulos á seguridade viaria fóra das urbes, ampliar os espazos deportivos, impulsar as actuacións e investimentos ligados á estratexia DUSI e ás obras e financiamentos incluídos no Plan de Obras e Servizos (POS+2020). As actuacións compleméntanse co citado plan de reactivación.

07 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.