Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Piden no Parlamento que o bus escolar cumpra na Barcala, Sar, Teo e O Pino

Na Baña meteron a trinta alumnos nun bus de vinte prazas, e os teenses usaron as VTC

A Barcala. A parlamentaria socialista Noa Díaz vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias logo do “comezo caótico do curso” nas liñas de bus escolar dos concellos de Teo, A Baña, Negreira, Dodro e O Pino. E esixe á Xunta que garanta que a concesionaria vai cumprir integramente o contrato e que realice un informe de inspección de rutas, horarios, paradas e vehículos dispoñibles.

Díaz denuncia o “desleixo da Xunta” na esixencia de cumprimento do contrato de transporte, un servizo “de máxima importancia para toda a poboación”, e que desta volta rexistrou todo un rosario de irregularidades na área de Compostela. Unha situación, explica, que provocou que os rapaces perderan tempo das súas clases nas primeiras xornadas do curso, ademais da “inseguridade constante que provocan nas familias”, obrigadas a agardar na rúa polo transporte.

A parlamentaria socialista sinalou a situación de Teo, onde houbo liñas que “directamente non chegaron, deixando a decenas de rapaces e rapazas nas paradas” e que tiveron que achegarse aos centros nos vehículos particulares de pais e nais voluntarios. Outras pasaron polas paradas cunha hora de retraso, e mesmo houbo casos nos que a concesionaria enviou furgonetas VTC no lugar dos buses. En A Baña, apuntou, a ruta “chegou tarde e con moitos rapaces de pé, xa que o vehículo que enviaron era de 20 prazas para unha liña utilizada por 30 menores”.

No Concello de Dodro, engade, “o autobús que leva aos escolares a Padrón chegou tarde”, mentres no Concello de O Pino, a liña que empregan os estudantes para achegarse aos institutos de Santiago “fixo a ruta cunha hora de retraso”. Por todo iso, advirte de que “sabemos que a moitos dos condutores e condutoras dos autobuses desas liñas lles comunicaron as rutas pasadas as once da noite do día anterior, e ademais moitos deles descoñecían os lugares polos que discorren”.

Hai que lembrar que este xornal púxose en contacto coa Consellería de Educación para que ofrecera a súa versión do acontecido coas demoras en entrar nas aulas dos alumnos da Baña, un municipio onde os pais animan a chamar á Garda Civil ante estas situación e preparan protestas. Pero polo de agora non recibiu resposta. O.D. Vilar

10 sep 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.