Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Píscore asolagou a Praia Fluvial de Tapia co seu show de comedia musical

ames. A praia fluvial de Tapia encheuse de veciños e veciñas para asistir ao espectáculo de humor e música de Píscore. A xornada comezou ás 19.30 horas cando os artistas se subiron ao escenario nesta contorna natural. Píscore gañou o Premio do Público no Festiclown 2017 e 2019 e o Premio Domingos do Principal de Pontevedra. O grupo naceu na primaveira do 2016 e homenaxea co seu nome á famosa Esther Píscore, trasunto da musa da danza, Terpsícore, nun coñecido gag de Les Luthiers. O espectáculo ten a premisa de facer rir ao público desde o virtuosismo musical, a elegancia e unha estética moi achegada á comedia xestual máis clásica. O xoves 22 de xullo os Seráns de Tapia acollerá o concerto da banda de Rock&Soul das Broken Peach ás 20.00 horas. Recordar que tódalas entradas son de balde. P.BREA

17 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.