Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Plantación escolar de frondosas no Pico Sacro

Boqueixón. Con motivo da celebración do Día Internacional dos Bosques, a Asociación Forestal de Galicia (AFG) realizou este luns, a primeria hora da mañá, unha plantación no Pico Sacro para a creación dun bosque mixto de frondosas de carballo do país, castiñeiro e cerdeira.

Na plantación colaboraron un total de vinte e tres alumnos de primeiro curso da ESO do CPI Antonio Orza Couto do concello de Boqueixón, que desfrutaron coa aprendizaxe e as interesantes explicacións dadas polos técnicos.

Segundo indicaron os organizadores, o acto contou coa participación do alcalde do Concello de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, así como do vicepresidente de Relacións Institucionais da AFG e o seu equipo técnico.

EXPERIENCIAS. Ademais de facer unha visita guiada polo monte demostrativo do Pico Sacro, os técnicos da Asociación Forestal de Galicia explicáronlles aos participantes na actividade as experiencias que se están levando a cabo nesa zona e, asimesmo, ensináronlles e axudáronlles a facer unha plantación de árbores frondosas. arca

29 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.