Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Poñen a punto os polideportivos no colexio de Agro do Muíño e mais o
do CEIP Barouta

Acondicionáronse os terreos e revestimentos interiores, incluíndo tamén os acabados, por 35.000 euros

Ames. David Santomil, edil de Educación en Ames, vén de comprobar in situ o desenvolvemento das últimas actuacións nos centros educativos, concretamente no CEIP de Barouta e tamén Agro do Muíño, onde veñen de realizarse traballos de reparación e mantemento das pistas polideportivas por un importe de case 35.000 euros (34.998 €). As intervencións consistiron no acondicionamento dos terreos e revestimentos interiores, mais acabados.

Deste xeito, o concelleiro de Educación acudía recentemente a estes colexios para comprobar de primeira man as obras realizadas nesas pistas deportivas do recinto escolar, indicando que o Concello de Ames levou a cabo a reparación das mesmas no marco do Plan de Mellora de patios escolares.

O plan contemplaba neste ano 2021 obras nos patios destes dous centros situados en Barouta e Ortoño respectivamente, e as actuacións realizadas consistiron no acondicionamento do terreo, na limpeza con auga a presión do pavimento, os revestimentos interiores e acabados e no pintado de liñas.

Segundo o citado munícipe, “as obras responden á necesidade de ter o pavimento dos pavillóns en boas condicións para a práctica deportiva escolar e extraescolar, pois en ambos pavillóns realízanse actividades das escolas deportivas municipais, entre as que destaca a patinaxe, para as que é fundamental ter un pavimento en boas condicións e ben marcado”, aportaba.

Hai que lembrar que o Concello de Ames está reparando estes días as 16 pistas polideportivas descubertas, repartidas entre os dous núcleos urbanos, Bertamiráns e Milladoiro, e a zona rural, unhas obras de mellora que comprenden actuacións nos peches, no pavimento, na pintura e no mobiliario, e que corren a cargo da empresa Obras, Montajes, Instalaciones y Proyectos. m.m.

19 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.