Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Portas abertas na radio municipal á veciñanza

A Maía. O Concello de Ames, a través da concellaría de Cultura e Comunicación, pon en marcha un ano máis o proxecto Radio Cidadá, co que a emisora municipal abre as súas portas á veciñanza amesá para conducir os seus propios programas. Nesta edición mantéñense dez das propostas que xa formaran parte da grella en anteriores ocasións: Tangos de la esquina sur, Vivirmos nun mundo finito, Las carabelas del siglo XXI, Exército mekemeke, Palabras que refrescan, De museo, Vaide retro, Miradas, Espazo Brétema e O protocolo é para todos. Todos eles son programas xa coñecidos pola audiencia de Ames Radio e consolidados na emisora. Ademais, nesta nova convocatoria hai outras tres novidades: Contos económicos, un programa conducido polo economista Paulo Calvo e a física Anna R. Figueiredo; Loca yo, para achegar a saúde mental e o feminismo; e Apuesta por el Rock&Roll con Chelsea Runaway, que recorre o mundo do rock e o rockabilly. CG

21 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.