Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Prazo para sumar mil establecementos amesáns á ‘Guía de empresas’ ata abril

A Maía. A concellaría de Promoción Económica amesá segue a traballar na elaboración dunha Guía de Empresas na que se recolla a información máis fidedigna e actualizada das entidades comerciais e empresariais locais. Esta listaxe de compañías, visitáronse mil, servirá tanto para que poida ser empregada pola veciñanza para buscar posibles servizos, así como para que a propia administración local as coñeza e poidan participar en procesos de licitación de servizos.

Por iso, unha persoa acreditada pola administración municipal visitou ao longo de dous meses máis de 1.000 establecementos dos núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro (incluído o parque empresarial Novo Milladoiro), así como da zona rural do municipio. Esta persoa, pertencente a unha empresa contratada polo Concello de Ames, encargouse de acudir ás empresas, profesionais e negocios do Concello co obxectivo de recompilar toda a información necesaria de cada local aberto ó público.

Durante o proceso de visitas a estes expoñentes do texido económico maián recolléronse os seus datos e tamén realizouse unha enquisa anónima e voluntaria, para coñecer posibles actuacións de apoio ao desenvolvemento empresarial, comercial e económico do tecido empresarial amesán, que se poderían desenvolver no futuro. Trátase dunha iniciativa municipal coa que se pretende dispor de datos actualizados sobre establecementos e autónomos para realizar futuros proxectos de colaboración. Será unha Guía de Empresas dixital, que estará incluída nunha app do comercio amesá.

Agora ábrese un prazo ata o 4 de abril para que todas aquelas firmas que non entregaron cuberta a documentación que se lles entregou, a poidan enviar a través do correo electrónico amesnarua@concellodeames.gal. Para iso teñen que cubrir o impreso de toma de datos e maila enquisa facilitados.

Segundo a edil Ana Belén Paz, “cremos que é necesario dispor desta Guía de Empresas, para dar a coñecer entre a cidadanía o tecido empresarial amesán. Isto redundará en beneficio da cidadanía e das propias empresas”, aludindo a que Ames acolle múltiples sectores “que poden ser descoñecidos”. M. Outeiro

29 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.