Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Premio aos dezaoito mellores vates e narradores do XIX Certame Literario

Ames. A casa da cultura do Milladoiro acolleu o acto central do Día das Letras Galegas, con actuación da escola de música EMMA e de alumnos do obradoiro En Ames co teu acento. Pero tamén fíxose a entrega dos premios do XIX Certame Literario Concello de Ames de narrativa e poesía, que recibiu 153 propostas.

Así, e sempre ca presentación de Marián Bañobre, distinguírose os 18 traballos gañadores. Deste xeito, en narrativa foron Comba Vilar Castro, Hugo Davila Avendaño, Mencía Naz Fernández os autores premiados na 1ª categoría na que participan rapaces ata os 13 anos; na 2ª categoría (dos 14 aos 17 anos) recibiron premio Noelia Fernández Romero, Antía Quinteiro Fagín e Mariña Maceiras Segovia; na 3ª categoría (18 anos ou máis) os recoñecidos foron Anna Figueirido, Francisco Javier Davila e Óscar Reboiras Loureiro.

Na modalidade de poesía, Arwen Fernández García, Adrián Suárez Pereira e Yegor Padín Guryanova foron os galardoados na 1ª categoría (ata os 13 anos); na segunda (dos 14 aos 17 anos) premiáronse as creacións de Mariña Maceiras Segovia, Carla Crespo Berdullas e Nerea Pallarés Barca. Por último, os vates premiados na 3ª categoría (18 anos ou máis) foron Branca Trigo Cabaleiro, Xurxo Alonso García e José Ramón Sánchez Varela. Acudiron, entre outros, o alcalde e a edil de Normalización Lingüística, lembrando a defensa do homenaxeado Delgado Gurriarán “da ilustración da lingua galega”. M. Manteiga

14 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.