Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Premio Atrévete para os alumnos bañeses Anxo Areán e Paula Ferreiro

Anxo Areán Recarey e Paula Ferreiro Noya, alumnos de 2º de ESO no colexio, CPI, de San Vicenzo da Baña veñen de resultar premiados coas súas propostas para o concurso Atrévete a ter unha idea dentro do Programa Eduemprende 2020-2021. En concreto, o traballo de Paula titulouse Limpacristais volador, mentras que o de Anxo denominouse Advicent, coa colaboración do CIFP Politécnico de Santiago-Asociación de Empresarios Polígono do Tambre.

O obxectivo do programa Atrévete, no que colaboran a Consellería de Cultura e diferentes patronais, é dar a coñecer ao alumnado directamente e a través do profesorado o tecido industrial da súa contorna, en concreto as empresas das diferentes asociacións empresariais colaboradoras, e sensibilizar á comunidade educativa da importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora. Así mesmo preténdese desenvolver as competencias persoais e sociais relacionadas co emprendemento que prepare ao alumnado para confiar nas súas capacidades

08 jun 2021 / 13:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.