Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Premio Azor da Brilat ao conselleiro José González

BOQUEIXÓN. O conselleiro do Medio Rural, José González, recibiu o Premio Azor concedido pola Brigada Galicia VII da Brilat á Consellería polos labores de prevención e defensa do noso territorio. O acto celebrouse onte no Pazo de Quián, en Sergude. O representante autonómico agradeceu este galardón expresando que se trata “dunha honra para toda a Consellería, pero máis se cabe en consideración das misións encomendadas á Brilat”. Así, a loita contra os incendios forestais é un labor de todos na que a colaboración é imprescindible, polo que José González indicou que se trata dun galardón “de todos os galegos e galegas”. Asimesmo, González destacou a importancia de estar preparados, tanto en medios materiais como en recursos humanos, coa fin de “salvagardar a seguridade dos galegos, que se leva a cabo por medio de actuacións como a operación Centinela Gallego, velando polo nosos montes mediante a súa vixianza activa”, dixo. c. e.

08 jun 2021 / 20:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.