Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Premios amesáns para Ollar e ‘Código Cero’ sobre normalización

Sumarán 3.000 euros por contribuír á mellora do uso social do galego no ámbito empresariaI

A Maía. O III premio Lingua e Empresa co Concello de Ames se decidiu por unanimidade a favor de Código Cero, revista e web de novas tecnolóxicas de Galicia, e Ollar, centro óptico e auditivo.

Trátase dun galardón posto en marcha polas concellarías de Normalización Lingüística e de Promoción Económica, unha iniciativa coa que se pretende recoñecer publicamente a contribución ao aumento e á mellora do uso social do galego dende o ámbito empresarial, así como darlle pulos ao uso da lingua galega na actividade económica amesá. Ten, ademais, dúas categorías dotadas (uso consolidado e nova creación) cada unha delas con 1.500 euros e difusión na radio.

O xurado estivo formado por Antía Cidre Pereira, de Pestiscos Gastrobar, unha das empresas gañadoras da pasada edición; Miguel López Crespo, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, e Antía Rei Martiz, graduada en Lingua e Literatura Galegas e colaboradora no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames. En representación da administración local participaron na xuntanza do xurado o técnico de Promoción Económica, Jorge Couñago Castro, e máis a técnica de Normalización Lingüística, Rosa Moreiras Cuñarro. O.D. VILAR

04 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.