Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Premios literarios para os novos talentos e ‘mestres’

a maía. O rexedor e a concelleira de Normalización Lingüística presidiron a entrega de premios da XVIII edición do Certame Literario de Ames, nun acto que comezou cun recital de poemas de Xela Arias a cargo da cantante Fátima Pego e do pianista Josep Ruíz. A súa vez, membros do xurado como Armando Requeixo salientaron a calidade dalgúns dos galardoados, augurando que van estar en futuros podios, e referiuse tamén a que está a atraer a valores xa consagrados, como “Arantxa Nogueira, que ten xa un feixe de traballos publicados e a Antonio Piñeiro que eu creo que non queda concurso no país que non gañase”. Hai que lembrar que no 2020, o tradicional acto de entrega de premios aos gañadores do Certame Literario de Ames non se puido desenvolver por mor da situación de crise sanitaria que aínda se está a atravesar, polo que nesta ocasión, a conmemoración do concurso acadou un carácter especial pola súa recuperación. m. outeiro

25 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito