Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Presentan un novo cómic de Guerrero para este 8M

Ames. A biblioteca de Bertamiráns acolleu a presentación do cómic, O misterio das pintadas invisibles, creado por Tomás Guerrero con motivo do 8M. Esta banda deseñada é froito da colaboración entre as Bibliotecas municipais e mailo departamento de Mocidade.

Editáronse 1.600 exemplares desta banda deseñada, e unha parte dos mesmos serán repartidos entre todo o alumando que cursa estudos de primeiro a cuarto da ESO do IES de Ames, en Bertamiráns, e do IES do Milladoiro. Outros 300 exemplares repartiranse nas bibliotecas entre os usuarios que estean interesados. Esta actividade enmárcase na programación elaborada do 8M.

O misterio das pintadas invisibles é unha banda deseñada creada por Tomas Guerrero con motivo do 8M e para darlle visibilidade á muller entre á mocidade amesá. A historia sucede eco mesmo Concello de Ames, e narra o misterio dunhas pintadas que aparecen en edificios singulares. M. Outeiro

05 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.