Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Presentaron a axenda urbana da vila amesá

AMES. David Santomil, concelleiro de Educación e Axenda Urbana de Ames, e Adolfo Neira, socio consultor da empresa EOSA, presentaron este sábado a análise e diagnose da Axenda Urbana do Concello de Ames. O documento, que foi elaborado pola empresa EOSA, foille presentado aos membros do goberno municipal e aos concelleiros e concelleiras do resto de grupos políticos con representación na Corporación municipal. Tamén participou en dita xuntanza o técnico responsable das xestións da Axenda Urbana, Juan Carlos Carreja. O seguinte paso será a licitación do Plan Estratéxico de Acción Local (PEAL) que permita implementar no concello o modelo da Axenda Urbana Española, e para identificar e definir os principais retos e proxectos estratéxicos do municipio, que haberá que afrontar durante a próxima década. “Tamén é necesaria para canalizar boa parte dos fondos europeos ata o ano 2030”, indican dende o Concello. C.G.

06 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.