Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Preto de 2,5 toneladas de lixo tecnolóxico en marzo

Ames. O Punto Limpo de Ames rexistrou 472 entradas no pasado mes de marzo, destacando a achega de 2.438 quilogramos de equipos eléctricos e electrónicos, 310 quilogramos de pneumáticos fóra de uso e sesenta quilogramos de baterías de chumbo.

Este servizo, inaugurado en xaneiro de 2007, está situado na rúa das Hedras, no polígono do Milladoiro, e abre de luns a venres de 10.00 a 14.10 horas e de 16.00 a 18.00 horas. Os sábados o horario é de 9.00 a 14.10 horas e de 16.00 a 20.00 horas. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 53 66 88. Deste xeito, durante o pasado mes de marzo a veciñanza amesá tamén depositou 150 quilogramos (2 metros cúbicos) de envases baleiros contaminados, tres metros cúbicos de roupa, noventa metros cúbicos de voluminosos e sete quilos de pilas (unhas 250 unidades).

Ademais, rexistrouse a entrada de 47 unidades de tubos fluorescentes e outras lámpadas, 20 metros cúbicos de escombro, 30 metros cúbicos de plásticos, outros 30 metros cúbicos de metais, 86 quilogramos de pintura, 90 metros cúbicos de madeira, 9 metros cúbicos de papel e 17 unidades de aerosois. Cómpre engadir tamén os aceites, 58 litros de aceite vexetal e 32 litros de aceite de motor.

O concello, igualmente, puxo en marcha campañas de concienciación. M.M.

11 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.