Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Profunda mellora para os viarios do núcleo de Rúa

A MAÍA. O tripartito amesán aprobou en xunta de goberno o inicio do expediente de licitación das obras para renovar o pavimento dos viarios interiores do núcleo de Rúa, na parroquia de Piñeiro, por un importe de 276.576 euros, a través do POS+ Adicional 2020.

En concreto, vaise acometer unha importante actuación nesa aldea, onde se renovará e mellorarán notablemente os interiores e accesos do núcleo, ademais de realizar a colocación de tubaxe de saneamento e abastecemento para no futuro non ter que volver a realizar obra ningunha na que se teña que levantar o firme.

A actuación forma parte das obras de mellora dos núcleos rurais amesáns, nos que se planifica ademais de actuacións encamiñadas a mellorar pavimentos, a crear sendas peonís seguras coa canalización e recubrimento das cunetas. Para o alcalde, trátase dun “claro exemplo da aposta que este goberno municipal fai polo rural amesán”. m.manteiga

18 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito