Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reabrirase o punto xalleiro da Seguridade Social nun mes

Santa Comba. O Concello de Santa Comba vén de rectificar o bulo que anunciou o peche do punto municipal de información da Seguridade Social, destacando que de retomará o servizo “a partir de setembro, atendendo as necesidades dos veciños dous días por semana”.

A queixa, que envorcou sen contrastar en redes sociais o exalcalde de Compromiso por Galicia, avogaba incluso por pór en marcha unha plataforma “coa finalidade de que entre todos poidamos conseguir que se volva a abrir este punto”, queixándose dos trastornos que lle podía causar á veciñanza. Nembargantes, a realidade é bastante distinta, xa que o equipo de goberno apresurouse a desmontalo ao lembrar que “permanecerá pechado por vacacións durante os meses de xullo e agosto”.

Do mesmo xeito, e mentres non retorne o persoal municipal das súas vacacións, tal como marca a lei, desde a administración local insisten en que os que precisen dalgunha consulta ou xestión poden desprazarse ata Negreira, a vinte quilómetros de distancia, para facelo. Pódese pedir cita previa chamando ao teléfono 901 106 570. Do mesmo xeito, na publicidade municipal tamén aluden a que, “como é habitual”, o peche das instalacións prodúcese nestes meses. Precisamente, tanto o ano pasado coma o anterior cerraba as súas portas durante o mesmo lapso de tempo e na mesma época, tal como lle responderon ao autor do libelo na mesma plataforma onde o distribuía. Outros lembráronlle o nulo peso da palabra dun exrexedor que mesmo incumpriu o pacto para ceder a alcaldía. o.d.v.

03 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.