Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reclaman a demolición dun hórreo de ladrillo que obstaculiza en Dubra

Val do Dubra. Antonio Negreira, voceiro de Son de Dubra-Anova, solicita a demolición dun hórreo de ladrillo aproveitando que na actualidade se está a executar na parroquia de Paramos o acondicionamento dos interiores do núcleo de Quintáns.

Trátase dunhas obras de mellora incluídas no POS+ 2019 aprobado polo anterior goberno de Anova, e agora dende a oposición lembran que o hórreo está “segundo as normas urbanísticas, en terreos municipais”. Ao seu xuízo, a actuación melloraría a accesibilidade neste núcleo de poboación valdubrés e reduciría o feísmo aparellado.

“Esta é unha demanda dos veciños, que non entenden que se siga a manter no medio dos camiños dificultando o paso dos vehículos e o acceso ás casas, estando como está en ruínas e sen ningún uso” di, solicitando que abonen posibles indemnizacións. M.O.

07 sep 2022 / 15:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.