Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reclaman que a Xunta asuma o bus de Ortoño e elixa como repoñelo

No tripartito amesán ínstanlle a convenialo con Santiago, licitalo ou metelo no Metropolitano

O tripartito de Ames volve a xirar a torca na súa lamentábel relación coa Consellería de Mobilidade. Así, no pleno deste xoves sacará adiante coa súa maioría unha moción sobre a recuperación da liña de bus entre Ortoño e a capital galega que volve a desoír o mandato da Xunta. Ademais, no só pretenden que o Executivo galego asuma a “súa competencia”, e que recupere o servizo, senón que o faga cun convenio con Santiago (foi a fórmula elixida entre ambos municipios), que o licite ou modifique o Transporte Metropolitano para encaixalo.

Así as cousas, tanto a oposición popular como a propia Consellería lle lembraban ao rexedor que este servizo é froito dun convenio intermunicipal –que non puideron ou quixeron renovar– de hai catro anos mediante o que se extendeu o bus urbano dende Compostela. E que polas súas características non se pode incluír no Transporte Metropolitano, xa que perdería paradas. Pero dende a administración municipal cren que a competencia non é súa.

E hai máis: o BNG, PSOE e Podemos tamén lle solicitan á Dirección Xeral de Mobilidade que lles remita os informes e expedientes onde consten os motivos polos que en 2017 non sacou adiante o anteproxecto de explotación da presente liña, pero tamén que informe ao Concello de Ames de cales foron os motivos polos que non se incorporou esta liña nos novos contratos fixados o ano pasado.

Outros puntos
Crédito e caducifolias

··· No pleno tamén se debaterá un crédito extraordinario 1/2021, financiado con baixas por anulacións, para o PEL Reactiva Ames, así como a aprobación do Plan de continuidade da prevención de incendios, mediante a plantación de frondosas caducifolias nas faixas de xestión de biomasa do Concello de Ames para o período 2021-2024, e mailo expediente de investigación patrimonial dun camiño no lugar de Castrigo.

··· Abordaranse tamén a proposta do PP en apoio da autonomía financeira galega e a do PSOE para que a Xunta inclúa un fondo extraordinario contra a COVID.

27 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.