Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reclaman responsabilidade ante a vaga de pintadas en bens municipais

A Maía. Nas últimas semanas detectáronse pintadas en diversos edificios municipais como o Pazo da Peregrina, o CEIP Agro do Muíño, o edificio do comedor do CEP de Ventín, o anexo da casa da cultura de Bertamiráns e no mobiliario público, polo que o Concello de Ames solicita civismo e facer un bo uso das instalacións municipais.

Actualmente estase traballando para eliminar ditas pintadas e agárdase que este tipo de comportamentos non se repitan, porque estas condutas poden ocasionar infraccións recollidas na Lei do patrimonio cultural de Galicia.

É preciso lembrar que hai uns días apareceron pintadas feitas en diferentes partes do perímetro do edificio principal do Pazo da Peregrina, un dos elementos de maior valor patrimonial do municipio, pero tamén en colexios, marquesiñas e caixas de instalacións eléctricas, entre outras.

Nalgúns casos é moi difícil eliminar estas pintadas, porque a pintura é absorbida pola pedra; é por iso polo que se solicita responsabilidade.

O edil de Patrimonio Histórico, David Santomil, explica que “as agresións contra o patrimonio histórico poden conlevar sancións económicas importantes e mesmo accións penais. É fundamental a concienciación sobre o valor patrimonial das cousas”.

A concellería de Cultura, responsable da xestión dos locais municipais, tamén pide responsabilidade para coidar das instalacións que son propiedade do Concello, porque son un ben de todos, e implican gastos extra. M. Manteiga

21 ene 2022 / 12:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.