Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 06 febrero 2023
09:05
h

Reforzarase
o bus que une Portomouro con Santiago a través da Maía

Atenden as demandas do Concello amesán que van beneficiar tamén a Val do Dubra

Val do Dubra. A Xunta presentará este mes a mellora dos servizos de autobús entre a localidade de Portomouro, no Concello de Val do Dubra, e Santiago de Compostela, para reforzar os horarios con demanda e optimizar as frecuencias nas liñas que tamén atenden distintas parroquias da zona norte de Ames.

Entre as melloras nas que está a traballar o Goberno galego co operador titular da concesión da que forman parte estas conexións recóllese un novo servizo ás 13.00 horas dende a capital de Galicia ata a localidade valdubresa de Portomouro, que funcionará de luns a venres durante todo o ano, atendendo á solicitude trasladada polo Concello de Ames.

Tamén se engade en tempada non lectiva unha expedición de Portomouro a Compostela que reforzará os servizos á primeira hora da mañá de luns a venres cun horario de saída máis cedo, ás 07.30 horas. As modificacións prevén outros axustes para optimizar o funcionamento xeral dos servizos que conectan as localidades mencionadas, pero tamén a outras coma a de San Mamede de Piñeiro, Covas, Vilouta, Tapia, Cruxeiras e Augapesada, xa no Concello de Ames, e que levaron á veciñanza a reunir firmas, e ao rexedor a pedir unha entrevista.

Con este obxectivo, algúns dos horarios nos dous sentidos en tempada non lectiva terán unha variación de entre 5 e 30 minutos. Ademais, engadiranse novas paradas no norte de Ames á liña que conecta a capital xalleira, Santa Comba, ca galega. M.M.

14 jun 2022 / 18:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.